O Consello de Ministros, o órgano de decisión máis importante do Consello Europeo, recoméndalles aos seus membros o fomento da diversidade nos sistemas para o que se debe combinar o Software Libre co privativo.
Nunha declaración da semana pasada, publicáronse as recomendacións e medidas para incrementar o valor do servizo público da Internet. Os membros do consello «deben desenvolver estratexias que promocionaren un crecemento económico substancial a través dunhas estruturas de mercado competitivas co fin de estimularen o investimento en recursos críticos da Internet». Asegurar a diversidade do software incluíndo o Software Libre debe ser unha parte destas estratexias…
O consello tamén recomenda que os membros aseguren as súas políticas en telecomunicacións, transmisións e Internet para obrigar a que estes sistemas sexan tamén interoperábeis.
As recomendacións fixéronse públicas unha semana antes no segundo «Internet Governance Forum» que tivo lugar na cidade brasileira de Rio de Janeiro, en que se insistiu que os países deben asegurar que os servizos da Internet sexan accesibles, asequibles, seguros, confiables e teren continuidade no tempo.
