Mancomún

O CPETIG organiza un curso para formadores de Scratch este venres

Mércores, 20 Abril 2016

Cartel do cursoO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organiza o vindeiro venres 22 de abril un curso especializado para formadores de Scratch.

Nesta ocasión o curso céntrase na formación de formadores co obxectivo de incrementar o número de persoas especializadas nesta ferramenta que poidan colaborar e participar no crecente número de actos divulgativos e formativos de formación, xa orientados a rapaces e pais, baseados nesta ferramenta.

Os obxectivos xerais da xornada formativa son Aprender a desenvolver aplicacións coa ferramenta Scratch, comprender a potencia do uso de Scratch como ferramenta didáctica, coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch, desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en eventos e coñecer as técnicas de organización e realización de eventos de programación.
O evento realizarase a tarde do vindeiro venres 22 de abril nas instalacións da Facultade de Informática da Coruña coa seguinte axenda:

  • Introdución
  • Desenvolvemento de aplicación con Scratch: videoxogos, historias interactivas e Storytelling
  • Conexión de Scratch co mundo físico
  • Organización e realización de eventos de programación

A formación está principalmente orientada a colexiados do CPETIG e CPEIG, a profesorado e alumnado da FIC e profesorado non universitario, que na medida das súas posibilidades, deberán comprometerse a asistir como formadores a un futuro evento formativo de Scratch dirixido a rapaces e pais, e que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña en datas próximas.

A participación na xornada é de balde previa inscrición.

Para esta sesión formativa, contarase coa participación da asociación "Programamos", unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, desde educación infantil ata formación profesional.

Esta actividade encádrase dentro das actividades do convenio de colaboración asinado entre o e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e continua a liña perseguida polo CPETIG en canto a cursos de formación focalizados nesta ferramenta.

Acerca de Scratch

Scratch é un proxecto do Grupo Lifelong Kindergarten do Laboratorio de Medios do MIT. Trátase dunha linguaxe de programación visual libre deseñada especialmente para idades entre os 8 e 16 anos pero que o seu uso esténdese por todalas idades. Scratch está focalizado na enseñanza a partires da creación de xogos, axudando non desenvolvemento das habilidades mentais do estudante mediante a programación. A vantaxe de Scratch neste campo está en que é un entorno que no que o estudante non necesita coñecementos previos acerca de programación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal