O Centro de Referencia para a Excelencia en Contornos Abertos (CREA), iniciativa impulsada por FORMAN, consorcio-escola da Consellería de Emprego da Junta de Andalucía, súmase á Comunidade Morfeo e libera un curso de Administración de Sistemas GNU/Linux. Este material pasa a formar parte dos máis de 15 cursos actualmente dispoñibles dentro da comunidade de formación Morfeo. Estes poden atoparse en aula morfeo.
A iniciativa encádrase dentro das actividades do proxecto Morfeo Formación e de CREA, e busca a construción dunha rede formativa onde os materiais sexan accesibles baixo licenzas libres para fomentar a súa mellora e reutilización, sen deixar de lado a súa explotación comercial por parte dos membros da Comunidade Morfeo.
Trátase dun primeiro paso, pero a partir deste momento tanto CREA como a Comunidade Morfeo colaborarán estreitamente para desenvolver sinerxías que reforcen ambas as organizacións. En particular fomentarase que outros organismos emulen ao CREA e á Comunidade Morfeo e liberen os seus materiais formativos.
O curso liberado, que estará dispoñible baixo licenza Creative Commons By-SA no concentrador de Morfeo Formación e na forxa da Comunidade, é sobre administración de sistemas GNU/Linux. Os seus obxectivos son capacitar ao alumnado na administración de sistemas Linux/Unix e permitir a obtención de coñecementos que poidan desenvolver dentro do campo profesional de sistemas, iniciándose a formación desde a Instalación do Sistema Operativo, abordando outros aspectos como:
- Administración de usuarios.
- Automatización de tarefas.
- Xestión de redes.
- Xestión da seguridade.
O temario detallado, desenvolvido ao longo de 150 horas, é o seguinte:
- Introdución a GNU/Linux. Instalación.
- Primeiros Pasos. Manexo do Shell. Shell Scripts.
- Xestión de Permisos e Usuarios.
- Xestión de Software.
- Introdución ás Redes TCP/IP. Configuración.
- Redes sen fíos en Linux.
- Implementación de Servidores de Rede.
- Introdución á Seguridade en Linux. Seguridade Física.
- Seguridade Lóxica. Seguridade da Subred.
- Devasa baixo Linux.
A partir deste momento, unha vez liberado o curso, difundirase na rede de centros tecnolóxicos asociados para conseguir a máxima difusión. Pode accederse ao curso en “Administración de Sistemas GNU/Linux” ou descargarse o contido para poder empregalo nunha plataforma Moodle.
Fonte: MORFEO
