Mancomún

O creador da Web anuncia a creación dunha Fundación para achegar a rede a todo o mundo

Martes, 16 Setembro 2008
WWW FoundationO Newseum de Washington, D.C. (USA) foi o escenario escollido por Sir Tim Berners-Le, considerado o creador da web, para anunciar a creación da World Wide Web Foundation, unha entidade que terá como obxectivo que a humanidade se conecte mediante a tecnoloxía e cuxa misión se resume en “avanzar cara a unha web que sexa libre e aberta, expandir a capacidade e solidez da web e estender os seus beneficios a toda a xente do planeta”

A entidade quere unir a líderes, gobernos, organizacións non gobernamentais, universidades e expertos en diferentes áreas para cumprir con estas metas, financiando proxectos de investigación, tecnoloxía e desenvolvemento social ao redor do mundo, cos cales se buscará beneficiar e conectar ás comunidades máis necesitadas.

Aínda en etapa de desenvolvemento e en busca de almas xenerosas que doen diñeiro, a World Wide Web Foundation espera ver a luz oficialmente a comezos de 2009, momento en que tamén esperan anunciar as primeiras medidas concretas para facer que a rede de redes sexa accesible para todos.

Máis información: World Wide Web Foundation

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal