Mancomún

O Drupal Day, a xuntanza nacional da comunidade de Drupal, celébrase en Galicia

Martes, 8 Novembro 2016

O vindeiros sábado, 12 de Novembro, celebrarase en Santiago de Compostela o Drupal Day, un evento de carácter nacional que traerá a Galicia á maior parte da comunidade arredor desta ferramenta de software libre.

Os organizadores do evento, a comunidade de drupaleiros Galega, espera que este sexa un evento no que teñan cabida todas as persoas con intereses no software libre e no proxecto Drupal. Haberá charlas de expertos na materia, obradoiros e mesmo sesións de desenvolvemento para contribuír ao proxecto.

Toda a información sobre o evento pódese consultar na súa páxina web, onde xa está dispoñible por exemplo o listado de charlas aceptadas, así como o programa de todo o evento.

Drupal: Un CMS de Software Libre

Drupal é un xestor de contidos, de sofware libre baixo licenza GPL, modular e moi configurable, que permite publicar artigos, imaxes e todo tipo de ficheiros. Está escrito na linguaxe de programación PHP e destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto ao estándares web, así como por ter unha comunidade de desenvolvemento moi activa.

Esta ferramenta foi a destacada nun dos Boletíns de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas que vimos publicando con carácter mensual e onde se pode consultar máis sobre a mesma e ver algúns dos seus casos de uso.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal