Mancomún

O Editor de blogs Bilbo vese obrigado a cambiar o seu nome

Xoves, 24 Setembro 2009

BlogiloO editor de blogs Bilbo veuse obrigado a cambiar o seu nome debido a problemas legais co copyright deste. O nome escollido para denominar agora a este aplicativo é Blogilo que en esperanto significa “ferramenta de blog”.

Como xa informamos anteriormente dende Mancomun.org a peculiaridade deste aplicativo e que se trata dun editor de blogs local, polo que non se fai a entrada do blog no navegador, senón que se redacta a entrada nun aplicativo que non está conectado á rede e posteriormente súbese á rede.

As características máis sobranceiras deste aplicativos son:

  • Compatibilidade con Blogger, WordPress, MetaWeblog, MovableType e Google Gdata.

  • Posúe un editor WYSIWYG

  • Ten un editor HTML con cores

  • É compatíbel coa creación, modificación e o borrado de entradas.

  • É compatíbel coa creación de borradores e entradas programadas

  • É compatíbel coa subida de material multimedia con imaxes

  • Compatibilidade con categorías e etiquetas

  • Cada entrada é un separador, o que facilita a súa creación

  • Compatibilidade con diferentes contas de edición

  • Ten binarios para as principais distribucións GNU/Linux

  • Precisa Qt4 e as bibliotecas de KDE4. Ademais emprega unha biblioteca modificada de Kblog(BilboKBlog)

  • Precisa KDELibs, KDEPimLibs e os paquetes das bibliotecas de desenvolvemento Boost

  • Emprega o motor de base de datos SQLite para gardar os datos

    Fonte: http://www.kdeblog.com/boglio-un-cliente-de-blogs.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal