Mancomún

O fabricante de procesadores e chipsets VIA anuncia a súa nova estratexia baseada en Software Libre

Mércores, 9 Abril 2008
A compañía VIA, un dos maiores fabricantes de procesadores x86 do mundo acaba de anunciar a súa nova estratexia coa que pretende mellorar a colaboración coa comunidade de Software Libre coa apertura oficial dunha nova web para Linux sobre os seus produtos.

A nova web abrirá as súas portas durante este mes. Nesta web aloxaranse inicialmente drivers, documentación técnica, código fonte e información relacionada cos chipsets VIA CN700, CX700/M, CN896 e os novos chipsets VIA VX800. Ademais en breve contan con engadir foros oficiais e soporte para máis produtos.
 
Nos próximos meses, VIA traballará coa comunidade para habilitar aceleración 2D e 3D na reprodución de vídeo para asegurar a mellor experiencia posible coas súas plataformas con Software Libre…

Máis información no anuncio oficial da páxina de VIA:
http://www.via.com.tw

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal