Mancomún

O fundador do proxecto KDE, condecorado coa Cruz Federal do Mérito

Luns, 9 Novembro 2009

KDEO fundador do proxecto KDE, Matthias Ettrich, foi recentemente condecorado polo goberno alemán coa Cruz Federal do Mérito, pola súa contribución ao software libre. Esta medalla foille entregada en recoñecemento ao seu traballo a prol da innovación e da expansión do coñecemento polo ben común.

Esta condecoración é a única que entrega a República Federal Alemá. O presidente federal entrégaa unicamente como recoñecemento aos logros sobresaíntes nas áreas da política, da economía e da cultura, entre outras.
Esta condecoración recoñece non só o traballo de Matthias Ettrich, senón que serve para pór de manifesto a importancia do software libre na sociedade, e no desenvolvemento tecnolóxico mundial actual. Así mesmo, este premio tamén recoñece a importancia e o valor do proxecto KDE, un dos mellores contornos de escritorio do mundo do software libre.

O proxecto KDE naceu no ano 1996, coa intención de crear un contorno de escritorio integrado, no que os distintos aplicativos compartisen unha base de bibliotecas, e un comportamento consistente entre eles.

Fonte: www.fayerwayer.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal