Mancomún

O galego na posición 34º nos usuarios de Ubuntu 8.04 a nivel mundial

Martes, 14 Outubro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngVisto na páxina da CiberIrmandade da Fala:

“Ubuntu é unha das distribucións de Linux máis galeguizadas. O idioma galego aparece no posto 34 de utilización entre todas as linguas nas que está dispoñible Ubuntu 8.04. Esta estatística faise cos usuarios que teñen activada esta opción de envío anónimo de datos estatísticos sobre os paquetes que empregan no seu computador.

1617 galegos co sistema operativo na nosa lingua colaboran con Ubuntu deste xeito, considerándose que son un 10% do total de usuarios que teñen  o sistema en galego resulta doado sacar a conclusión de que indo a “Sistema -> Administración -> Fontes de Software -> Estatísticas -> Enviar información estatística” e marcando o recadro de envío de estatísticas anónimas, melloraríamos a posición do galego na percepción dos desenvolvedores desta distribución.”

Captura de pantalla da ventá “Fontes de Software”http://www.mancomun.org/images/stories/fontes_software.jpg

 

Fonte da nova:
http://www.ciberirmandade.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal