Mancomún

O GGUL Inestable achegará as características do Galinux ao estudantado de Ordes

Xoves, 5 Marzo 2009
InestableA Asociación de Usuarios de GNU/Linux de Ordes, Inestable, manterá unha charla-coloquio sobre software libre o vindeiro xoves día 12 de marzo na aula informática do IES Nº 1 de Ordes co alumnado de informática de 4º de ESO. O encontro celebrarase por segundo ano consecutivo, dada a boa acollida suscitada na pasada ocasión.

A iniciativa, que se enmarca dentro do programa de actividades prevista polo centro para a celebración da súa “Semana da Ciencia” terá, como un dos principais focos de interese, a presentación do Galinux, o sistema operativo libre e en galego promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Todos os asistentes á charla, tanto persoal docente como alumnado, recibirán un exemplar do Galinux para que poidan probar dende a casa as características expostas polo responsábeis do encontro.

Fonte: Inestable

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal