Mancomún

O goberno austríaco incrementará a presenza do Software Libre entre os seus escolares

Mércores, 30 Abril 2008

O goberno austríaco distribuirá un paquete educativo de Software Libre nun total de 1.600 escolas do país, co fin de promover este iniciativa entre os nenos de educación primaria e secundaria. A recopilación de software incluirase nun DVD que o Ministerio de Educación difundirá co apoio de Sun Microsystems .

Este paquete, elaborado por un profesor de educación física, matemáticas e tecnoloxías da información dunha escola austríaca, Helmuth Peer, distribuirase baixo o título Desktop4Education (D4E) and Server4Education (S4E) na súa última versión do 17 de abril.

O goberno austríaco puxo en marcha esta iniciativa despois de comprobar o éxito e as vantaxes que o uso desta compilación estaba a reportar na escola do propio Peer. “Cando viron o ben que estaba a funcionar este paquete na miña escola, decatáronse do verdadeiro potencial do Software Libre”, explica o seu mentor. 

A recopilación de software incorpora unha ampla oferta de aplicacións. Dende o paquete básico de OppenOffice, o Inkscape, o Gimp, o Scribus, o Wxmaxima+Maxima ata o Qcad. Ademais, para a introdución dos alumnos ao eido da programación, o DVD inclúe o compilador GCC, a ferramenta de desenvolvemento de software Eclipse… O estudantes terán tamén acceso ao programa de edición de audio, Audacity, e de vídeo, Kino.

Asemade, o D4E/S4E contén aplicacións orientadas ao uso na rede como Apache, MySQL, LDAP, Cups e Cyrus. Ademais dun programa de aprendizaxe online Moodle.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal