Mancomún

O Goberno de Aragon aposta polo Software Libre nas empresas e na administración

Luns, 10 Marzo 2008
O Goberno de Aragón asinou un acordo de patronazgo co Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información baseadas en fontes abertas (CENATIC) para promover o uso do Software Libre nas empresas e a administración aragonesa. A conselleira aragonesa de Ciencia, Tecnoloxía e Universidade, María Vitoria Broto; a directora xerente de CENATIC, Carolina Grau, e o director xeral de Tecnoloxías para a Sociedade da Información do Goberno de Aragón, Miguel Ángel Pérez, presentaron onte algúns aspectos deste convenio.

Un dos obxectivos do acordo é crear en Aragón un centro de excelencia para asesorar a empresas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), Peme, Administración, Universidade e centros de investigación sobre os aspectos xurídicos, tecnolóxicos e metodolóxicos para a liberación do software que utilizan.

 

A conselleira asegurou que “a metade das empresas aragonesas xa utiliza software de código aberto”, que, ademais de promover a creación cooperativa, permite aforrar os custos derivados do pago de licenzas.

As principais vantaxes das fontes abertas son que permiten a manipulación e a instalación de programas sen restricións, a diferenza do software propietario, que por cada copia realizada esixe pago económico para o titular da patente.

Fonte: Diariodelaltoaragon.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal