Neste contexto, a Subsecretaría de Informática da Presidencia da República entregou os diplomas de acreditación aos funcionarios dos ministerios de Deporte e de Cultura, quen polo espazo de dous meses recibiron capacitación sobre o uso e manexo de folla de textos, folla de cálculo, presentacións, correo electrónico e navegador como ferramentas do Software Libre.
Un dos responsables sinalou que se escolleu a mellor tecnoloxía que se ten a man, deixando de lado o uso de ferramentas propietarias, tras salientar que na administración pública debía darse o paso de migración cara o Software Libre, as súas palabras textuais foron “porque non é xusto que se pague 400 dólares por unha licenza”.
Así mesmo anotou que a capacitación dos 149 servidores públicos dos dous ministerios durou dous meses e contou coa asistencia de instrutores da Asociación de Software Libre.
Fonte: Presidencia.gov.ec
