O Ministerio de Información e Comunicacións de Vietnam aprobou unha norma para incrementar o uso de software libre e de código aberto nas axencias estatais, tanto en servidores como en computadores de escritorio. Segundo a nova norma, o 100% dos servidores gobernamentais deberá executar Linux para o 30 de xuño de 2009, e o 70% das axencias deberán usar OpenOffice.org, Mozilla Firefox, e Mozilla Thunderbird para finais de 2009. A normativa tamén impón algunhas cifras no que respecta á formación e ao dominio do software de código aberto que se prevé instalar.
A este respecto, daráselle ampla formación tanto ao persoal informático como ao administrativo para que a migración sexa o máis cómoda posíbel. Nunha primeira fase migraranse todos os servidores a software libre e acometerase a formación do persoal informático (agardan terminar esta primeira fase a finais de xuño de 2009).
A segunda fase consistirá na implantación de todas as aplicacións de escritorio libres, e esperan rematar esta transición para finais de 2010.
