Mancomún

O I Encontro de software de fontes abertas e reutilización no sector público celébrase mañá en Madrid.

Martes, 22 Xaneiro 2013
  • A AMTEGA participará no I Encontro de SFA e Reutilización no Sector Público organizado por CENATIC e red.es
  • Os asistentes poderán coñecer a través das principais experiencias nacionais e internacionais as vantaxes do uso e reutilización de software libre no sector público.
  • CENATIC está a publicar unha serie de entrevistas a algúns dos participantes como anticipo da xornada: Carlos Daffara, Maria Antonia Brovelli, Silvia Alvarado ou Yolanda García.

Mañá 23 de xaneiro celébrase en Madrid o Primeiro Encontro de Software de Fontes Abertas e Reutilización (SFA) dirixido o Sector Público. Este primeiro encontro está organizado conxuntamente por CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las TIC basadas en Fuentes Abiertas) e red.es.

O obxectivo do encontro é dar a coñecer as principais experiencias nacionais e internacionais en materia de liberación de código e migración a software libre, así como as iniciativas de reutilización de software nas administracións públicas.

O evento reunirá a responsables das institucións organizadoras así como outras entidades colaboradoras e representantes dos gobernos das comunidades autónomas de Extremadura, Valencia, Andalucía e da Xunta de Galicia. Contarase tamén coa presencia de importantes personalidades internacionais neste ámbito como Carlo Daffara, investigador no campo da economía TI, Maria Antonia Brovelli, do proxecto WorldWind da NASA ou Malcolm Bain de Id law Partners.

Entrevistas previas aos participantes

Como anticipo á xornada os distintos participantes responden nunha serie de entrevistas ás preguntas de CENATIC sobre os aspectos máis destacados a tratar no evento.

Carlo Daffara, cofundador da consultora CloudWeavers, nos seu estudo sobre a Economía do Software libre, afirma que “a economía europea está aforrando 450.000 millóns de euros anuais utilizando Software Libre, y que a vantaxe do seu uso radica na posibilidade da súa reutilización e a alta calidade que proporciona”. Durante a entrevista concedida a CENATIC ademais estima que de todo o software utilizado nos últimos 5 anos en Europa, o 35% provén directamente do código aberto.

Silvia Alvarado, asesora xurídica de CENATIC e Malcom Bain, Id Law Partners responderon tamén as cuestións máis importantes á hora de poñer en marcha procesos políticos de contratación e liberación de software. Unha das principais recomendacións na contratación de software é non pechar nas licitacións o acceso a ofertas baseadas en software libre e mesmo primar a contratación deste tipo de software xustificando esta decisión pola eficiencia e oportunidade de reutilización do código por outras comunidades.

Maria Antonia Brovelli fala do extraordinario valor da comunidade xerada ao redor dun proxecto. Concretamente, afirma que é imposible medir o valor xerado pola comunidade WorlWindCentral para a creación de riqueza, pero que sen dúbida pode estimarse en decenas de millóns de dólares.

Yolanda García, Directora da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia, afirma nesta entrevista que o Software Libre representa unha moi boa oportunidade para que a Administración poida facer máis con menos, permitindo implementar un modelo TIC sostible. Nesta entrevista fala das experiencias co uso do Software Libre nos proxectos Abalar, na rede CeMIT e no posto do empregado público.

Axenda do evento:

  • 9:30. Inauguración das xornadas. Borja Adsuara. Director Xeral de red.es
  • 9:45. Software libre, reutilización e aforro de custes no sector público. Manuel Velardo. Director Xerente de CENATIC.
  • 10:15. Panorama internacional del software libre. [Inglés].Mark Driver de Gartner Group.
  • 11:45. Aspectos Xurídicos do Software de Fontes Abertas no Sector Público. Malcolm Bain de Id law Partners e Silvia Alvarado, Asesora Xurídica de CENATIC.
  • 12:15. Zaragoza, experiencia de migración a Software Libre nos equipos dos empregados municipais. Eduardo Romero.
  • 13:00. WorldWind: experiencia comunidade internacional da NASA. [Inglés] María Antonia Brovelli.
  • 15:30. Mesa redonda migración a software libre. Posto de traballo empregado público: Xunta Galicia. Yolanda García, Junta de Extremadura. Ricardo Ruiz, Comunitat Valenciana. José Salvador Aznar, Junta de Andalucía. Juan Conde.
  • 16:45. Mesa redonda liberación de proxectos e xeración de comunidades desde o sector público: Plataforma Setsi, Cliente @firma, Urbanismo en rede, Administración electrónica MinHap.
  • 18:00. Clausura MINHAP.

Fonte: CENATIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal