Mancomún

O ITG implanta a súa solución aberta de ERP (HGPyme) a tres entidades galegas

Mércores, 29 Xullo 2009
Logotipo do ITGO Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) anunciou na súa web que durante este mes está levando a cabo diferentes actividades de implantación do seu software aberto de ERP: Hgpyme.

Así, na entidade BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), están a piques de rematar a implantación despois de 6 meses de traballo. A estrutura modular do software, o código aberto e a súa accesibilidade a través da Internet desde calquera dispositivo móvil foron algúns dos factores máis determinantes á hora de elexir a solución ERP HGPyme para o proxecto, segundo comentan na propia web.

As outras dúas empresas nas que se está implantando son:

  • Electrónica del Noroeste onde o traballo realizado polo ITG está nunha primeira fase centrada na personalización do módulo de xestión de proxectos e a interactividade web con clientes e provedores.
  • Construcciones Vixoy, empresa construtora especializada en edificación, obra civil e urbanismo que elixiu HGPyme para controlar de forma rápida e eficiente os custos de todas e cada unha das súas obras.

Outros dos aplicativos de software libre que implanta o ITG e que poden integrarse co seu software de xestión son:

  • Eclipse Birt, ferramenta de cadro de mandos e xestor de informes avanzados
  • Factura electrónica

Segundo a propia web da ITG, "ITG asume desde o ano 1.999 o desenvolvemento de aplicacións de xestión con código aberto e ERP HGPyme é a terceira aplicación desenvolvida e tamén a máis completa, dando servizos a empresas e entidades vinculadas a diversos sectores de actividade".

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal