O pasado 6 de outubro, a Junta de Andalucía anunciou, que por motivos de recortes orzamentarios, cancelábase a celebración da Conferencia Internacional de Software Libre prevista para os días 27 e 28 deste mes en Málaga. Comunicábase tamén que se estaban estudando posibles actuacións alternativas de colaboración -principalmente no presenciais- coas empresas e as administracións involucradas neste evento, mais polo momento non se coñecen.
As reaccións da comunidade de software libre ante esta inesperada noticia non se fixeron agardar, e así
mesmaASOLIF facía pública onte unha nota na que manifestaba o seu pesar por esta repentina cancelación facendo fincapé na repercusión e nos custes económicos que lles supón a moitas das empresas que dende hai un ano levan traballado para participar na Conferencia.
Neste comunicado, anunciaban que, recollendo a testemuña deixada pola Junta de Andalucía, non só manteñen a celebración do seu IV Encontro ASOLIF de Empresas de Software Libre o día 28 de outubro en Málaga, senón que prevén engadirlle un día de acción pública de difusión, o día 27 de outubro que permita amosar proxectos e produtos, discutir temas relevantes de actualidade sobre o sector e interactuar con entidades, docentes, técnicos, comunidades de desenvolvemento e entusiastas do software libre.
En breve anunciarán o lugar e os contidos desta xornada, e animan a todos os interesados a unirse a eles na lista de correo pública para colaborar nesta acción.
Fonte: ASOLIF
