Mancomún

O Ministerio de Educación portugués publica un CD de SwL para as escolas

Mércores, 7 Maio 2008

O Ministerio de Educación portugués a través dun proxecto da “Direcção Geral de Innovação e Desenvolvimento Curricular” anuncia a publicación en liña da 2ª edición do CD de Software Libre na Escola (2008). 

O CD consiste nun conxunto de aplicacións coidadosamente seleccionadas para responder ás necesidades da escola, e alén de incluír as aplicacións habituais (navegador, xestor de correo, OpenOffice.org) destaca pola selección de programas educativos orientados ás ensinanzas matemática e técnicas.

Todas as aplicacións incluídas son multiplataforma e funcionan tanto en Linux coma en MS Windows XP…

 

A lista de contido do CD pódese consulta na seguinte ligazón:
http://www.crie.min-edu.pt/index.php?section=218

A imaxe ISO do CD pode ser descargada libremente e vai ser distribuído en soporte físico polas escolas do país veciño.

Fonte:
http://www.agnix.org/?q=node/1545

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal