O Ministerio de Exteriores Alemán está migrando os seus 11.000 computadores a GNU/Linux e a aplicacións Open Source, o cal representa un avance para os seus usuarios e un aforro para o ministerio de millóns de dólares.
Segundo dixo Rolf Schuster, un diplomático na Embaixada de Alemaña en Madrid e o ex xefe de tecnoloxías da información do Ministerio de Relacións Exteriores, “as aplicacións Open Source son moito máis baratas de manter que as configuracións de escritorio baseadas noutros sistemas”.
Schuster foi un dos participantes nun debate sobre estándares abertos e interoperabilidade celebrado a semana pasada durante a Conferencia Mundial sobre Open Source que tivo lugar na cidade de Málaga.
O Ministerio de Relacións Exteriores está migrando todos os seus 11.000 computadores a GNU/Linux e comezan a usar aplicacións Open Source. Segundo Schuster, isto reduciu drasticamente os custos de mantemento en comparación con outros ministerios. “O Ministerio de Relacións Exteriores só inviste uns mil euros por escritorio ao ano. Iso é moi inferior ao que gastan outros ministerios, que, en media, invisten máis de 3000 euros por escritorio ao ano.”
Máis información na fonte orixinal:
http://www.geekets.com
