Mancomún

O navegador Firefox conta co galego entre as súas linguas oficiais

Mércores, 1 Outubro 2008

Visto en SociedadedaInformación.eu:

“Anunciárase para arredor do 25 de xullo, pero houbo que agardar a que pasase o verán para que a versión do navegador Mozilla Firefox en galego fose oficial. Na web de Mozilla xa se pode descargar o navegador na nosa lingua, grazas ao traballo dun amplo grupo de persoas voluntarias.

Até o momento, podíase galeguizar o Firefox instalándolle un engadido. Agora xa é posíbel descargar directamente o instalador na nosa lingua, para Windows, Mac e Linux. O galego forma parte das novas traducións, polo que se atopa na sección de ‘betas‘, xunto a outros idiomas como o islandés, o hindí, o bengalí ou o tailandés.

A fase beta pode durar arredor dun mes. Despois dese tempo, o Firefox en galego estará xunto ás máis de corenta traducións en diferentes linguas do mundo…”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal