Mancomún

O número de usuarios do navegador Firefox chega ao 30% a nivel mundial

Venres, 9 Abril 2010

Logo de FirefoxFirefox gaña cada vez máis territorio segundo os números e comparacións de datos que manexa Mozilla xunto con outras empresas de estatísticas como StatCounter, Quantcast, Net Applications ou Gemius.

Os últimos resultados foron moi positivos para este navegador libre que cada vez é o preferido de máis internautas, xa que case un tercio dos usuarios de Internet de todo o mundo navegan con Firefox.

O 30% de usuarios que utiliza este navegador non se mantén estable por toda a xeografía, así mentres que no mercado europeo acada un 40% (152.7 millóns de usuarios), na Antártida ascende ao 80%, na Indonesia úsao o 60% e en Estados Unidos acadou o 26%. çpor outra parte, Rusia foi o lugar onde máis crecemento tivo, tendo na primeira parte do año un 20% máis de descargas.

Esta é a primeira vez que a Fundación Mozilla ofrece un informe elaborado por eles con datos propios sobre a cantidade de usuarios e porcentaxes de uso.
InfografíaPor outra parte, Six Revisions elaborou unha infografía con interesantes estadísticas para darnos unha verdadeira dimensión sobre os aspectos máis destacados do navegador.

Conta con máis de 1.300 millones de descargas dende 2004, con 53.600 extensións que lle brindan o atractivo de poder modificar practicamente toda a aplicación a gusto do usuario, o que se reflicte na máis de 1.880 millóns de instalacións das mesmas.

Un dato interesante está relacionado co tema da seguridade. Nos últimos tres anos, Firefox tivo máis do dobre de vulnerabilidades descubertas que Internet Explorer, pero estas resolvéronse nun tempo medio inferior a 24 horas fronte aos 7 días de media que tardaron en solucionarse as vulnerabilidades detectadas e recoñecidas do produto de Microsoft. Isto reflicte unha vez máis que a dispoñibilidade do código fonte por parte da comunidade fai que o produto estea máis auditado, o que supón a detección de máis erros e a solución dos mesmos nun tempo menor.

Fonte: Bitelia

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal