Mancomún

O OGSI sinala que as empresas galegas superan a media estatal de uso de Linux

Mércores, 7 Outubro 2009

OGSISegundo acaba de publicar o Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI): “un 10,1% das empresas de máis de 10 empregados usa o sistema operativo LINUX, fronte ao 8,9% estatal. O crecemento interanual en Galicia foi do 23,2%.”

Estas conclusións foron sacadas analizando os datos proporcionados polo Instituto nacional de Estatística (INE) sobre o uso das TIC e do comercio electrónico nas empresas durante o curso 2008/2009.

Ademais, destes datos tamén conclúe que: “algo máis da metade das empresas galegas deste segmento con conexión a internet emprega a sinatura dixital, dous puntos por riba da media estatal. O 93,5% delas úsana para relacionarse coas administracións públicas, e máis do 16% para relacionarse cos clientes e provedores…
Poden consultar a análise, os informes e os estudos monográficos do Observatorio no sitio web ogsi.sociedadedainformacion.eu.

Fonte orixinal:
http://www.sociedadedainformacion.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal