Mancomún

O parlamento de Holanda lexisla sobre o emprego de estándares abertos

Xoves, 20 Outubro 2016

O parlamento holandés vén de aprobar unha lei que entrará en vigor no ano 2017 e que fai obrigatorio para todas as súas administracións o emprego de estándares abertos.

Con esta medida esperan incrementar a interoperabilidade dos seus servizos cara a cidadanía e reducir os custos para estes e para as empresas. Na mesma lei tamén se introduce a recomendación de que dende o goberno se promova activamente o software libre.

Cada vez son máis os gobernos que lexislan neste sentido, introducindo a obrigación de empregar estándares abertos. Este caso holandés vén a sumarse ao do Reino Unido, que fai uns meses adoptaba tamén o ODF como estándar para os seus documentos.
No noso país tamén está lexislado o emprego de estándares abertos por parte da administración, dende o ano 2012, no que se adoptou tamén o formato Open Document coa publicación do Esquema Nacional de Interoperabilidade, que entrou en vigor o 1 de xaneiro do ano 2014.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal