O pasado día 10 de novembro fíxose pública no boletín oficial do Parlamento de Navarra a resolución debatida e aprobada o pasado 28 de Outubro no mesmo parlamento de elaborar un Plan de migración da Administración Foral de Navarra ao Software Libre.
A publicación da resolución fíxose a través do boletín oficial, no apartado de resolucións, no punto 14º:
“El Parlamento de Navarra insta al Gobierno de Navarra, a través de la dirección General de Informática, telecomunicaciones e Innovación Pública, a que, en el plazo de un año, elabore un Plan de migración de la Administración Foral al Software Libre”.
A resolución, aprobada pola maioría dos grupos políticos do parlamento navarro, foi tamén celebrada esta mesma mañá no portal do observatorio europeo Joinup.
