A aplicación con código aberto ITVLinEx prestará servizo para unha rede de estacións ITV pola que pasan ao ano máis de 400.000 vehículos de todo tipo
A distribución estremeña de software libre, gnuLinEx, constitúe xa o soporte tecnolóxico a través do que a Consejería de Fomento da Junta de Extremadura xestiona integramente a rede de estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) repartidas polo territorio rexional.
Isto será posible grazas á aplicación ITVLinEx, desenvolta no seu día por unha empresa estremeña a petición da Administración rexional.
Esta versión da distribución libre estremeña gnuLinEx empaqueta aplicacións específicas para o desenvolvemento de labores orientadas tanto á xestión de tarefas administrativas relacionadas coa recollida de datos e emisión de informes dos vehículos inspeccionados, como coas que incumben aos técnicos responsables das liñas de inspección.
Segundo informou a Xunta de Estremadura en nota de prensa, o parque informático das ITV estremeñas está formado por un total de sesenta computadores repartidas en dez estacións fixas situadas nas localidades de Badaxoz, Mérida, Cáceres, Zafra, Villanueva de la Serena, Plasencia, Trujillo, Navalmoral de la Mata, Coria e Moraleja, e outras dúas con carácter itinerante que acaban de ser postas en servizo dotadas con novo material, incluídos os equipos informáticos, que funcionan con gnuLinEx desde o momento mesmo da súa estrea.
Dende a Consellería de Fomento explican que o sistema se caracterizous dende a súa posta en funcionamento a primeiros de ano por unha ‘gran versatilidade propiciada por unha contorna gráfica moi intuitivo que permitiu unha rápida adaptación do persoal encargado do seu manexo’.
Asimesmo destacan a ‘potencia e fiabilidade’ desta alternativa de software, ‘cualidades imprescindibles para xestionar un servizo polo que o ano pasado pasaron 413.058 vehículos de todo tipo’.
