Así, o responsable de Comunicación dos ‘populares’ sinalou que na páxina de inicio da propia web precisarase que foi elaborada con software libre. Con esta iniciativa o Partido Popular súmase tamén ao movemento do software libre, o cal viña sendo abanderado, xeralmente, polos partidos de tendencia máis progresista.
O PP quere aproveitar as posibilidades da web 2.0 e das redes sociais. Un dos obxectivos é conquistar ao maior número posible de xente nova que está enganchada diariamente ao Facebook. Twitter ou Tuenti.
O Partido Popular xa impulsou as redes sociais durante a campaña electoral a través de varios foros pero agora quere dar un paso máis aló e espremer ao máximo as posibilidades de comunicación que ofrece Internet e as novas tecnoloxías. A campaña que realizou Barack Obama está a servir de inspiración aos ‘populares’.
