Mancomún

O Porriño terá e-servizos con Software Libre

Venres, 7 Novembro 2008

Visto en Agnix.org:
O Porriño comezará axiña a implantar unha plataforma para a prestación de e-servizos que faciliten á cidadanía a xestión co concello e a este último suporalle unha optimización dos seus procesos de xestión internos cos seguintes beneficios:

  • Dar cumprimento á Lei 11/2007 de Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos.
  • Implementar servizos de tramitación en liña (online).
  • Aumentar a dispoñibilidade dos servizos do Concello ante a cidadanía.
  • Optimizar a utilización da información xerada durante os procesos de tramitación.
  • Mellorar os procesos de xestión interna, na tramitación de expedientes e a xestión documental.
  • Adaptar a entidade aos novos sistemas de xestión.
  • Impulsar o uso de e-servizos e das infraestruturas de comunicacións.

Máis información na fonte orixinal en Agnix.org:
http://www.agnix.org/?q=node/1943

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal