Mancomún

O portal Mancomún estrea presenza nas redes sociais

Venres, 4 Febreiro 2011

Universo ImitNun paso máis para abrir novas vías de comunicación cos nosos usuarios e como parte da estratexia da difusión das iniciativas de modernización e innovación tecnolóxica da Xunta de Galicia, o portal Mancomún estrea a súa presenza nas redes sociais integrándose no UniversoImit, é dicir nas canles 2.0 dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

A inclusión do portal Mancomún no Universo Imit permite aumentar e mellorar a visibilización das iniciativas relacionadas con software libre e de fontes abertas, uníndose nas mesmas canles sociais á información do Osimga ou da rede CeMIT, así como o resto de iniciativas de modernización en Xunta, innovación tecnolóxica e promoción da Sociedade da Información en Galicia.

As ferramentas 2.0 a través das que poderedes seguir a nosa información son:

Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal