Acaba de saír o primeiro portátil que funciona con software libre exclusivamente para o cal non é necesario ningún tipo de firmware non libre; e mesmo a BIOS é libre. É un mini portátil de pantalla TFT LCD a 8.9″. Vén equipado cunha CPU, de deseño Chinés baseado na arquitectura MIPS, chamado Loongson 2F 64bit a 900MHz. Ten un consumo de 20 W e 12 W para a versión con disco de estado sólido. Máis información de características na páxina web do fabricante Chinés Lemote.
Segundo un distribuidor de Holanda, Tekmote Electronics , estarán dispoñibles para mediados ou finais do próximo mes de decembro a un prezo base duns 300€. Vén de serie con Debian. A Free Software Foundation xa está a buscar colaboradores para os seus plans de portar gNewSense á arquitectura MIPS do procesador Loongson 2F.
Stallman desde o mes de maio ten un prototipo. Na súa estancia en China contactou, de forma casual, con xente de Lemote. Comentáronlle que estaban a desenvolver un portátil que non necesita software non libre, baseado nunha CPU de arquitectura MIPS.
Segundo comenta na entrevista onde fala do prototipo, ten algúns problemas con, por exemplo, o seu alto consumo de enerxía; no momento de devanditas declaracións só existía un prototipo en desenvolvemento.
Fonte: http://solognu.wordpress.com/2008/11/29/el-portatil-yeeloong-de-lemote-ya-esta-disponible/
