O proxecto Decathlon é un proxecto coordinado polo organización de tradución de software de Suráfrica que ten como obxectivo principal conseguir traducir 10 ou máis programas a distintos idiomas.
Outros dos obxectivos son:
- Crear ou asistir as comunidades de lingua a traducir software.
- Promover as distintas linguas facendo que o software estea dispoñible nas mesmas.
Os programas que se pretenden traducir, normalmente, terán unha cantidade de palabras a traducir entre 2.000 e 4.000. Non hai datas límites de tradución, senón o obxectivo global de lograr traducir durante este ano 10 programas a distintas linguas. O primeiro programa que comezarán a traducir será o FreeMind:
http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/freemind.
As traducións poderán facerse tanto de forma off-line, a través de ferramentas instaladas no computador como Kbabel, POEdit ou un simple editor de textos, así como de forma on-line e colaborativa a través dun
servidor Pootle…
Outros programas contemplados para a súa tradución son: Art of Illusion (animación 3D), 7-zip (utilidade de compresión de ficheiros), FileZilla (cliente FTP), TuxPaint (programa de debuxo para nenos), VLC (reprodutor multimedia)…