Mancomún

O Proxecto openSUSE acaba de lanzar a súa versión 11.1

Luns, 22 Decembro 2008
{mosimage} Inclúe máis de 230 novidades entre novas funcionalidades, melloras -especialmente para o instalador YaST- a actualización de GNOME, KDE, OpenOffice.org, etc. Trátase da primeira versión totalmente construída no Servizo de Construción de openSUSE. O proxecto aproveita tamén para incluír unha nova versión da súa licenza de marca, a liberación de tipografías e openJDK.

OpenSUSE salienta especialmente polo coidado que pon na afinación e integración de contornos de escritorio, particularmente KDE; nesta nova versión inclúe non só un, senón dous contornos KDE: KDE development con KDE 4.1.3, ou o clásico KDE experience con KDE 3.5.10.

openSUSE 11.1 representa o esforzo combinado de miles de persoas desenvolvedoras que contribúen tanto directamente na comunidade openSUSE como nos proxectos afluentes que se recollen nesta distribución. Os contribuidores, dentro ou fóra do proxecto openSUSE están orgullosos e consideran que esta, é a mellor versión lograda até hoxe, ao tempo que animan ao uso xeral de Linux en calquera sitio e condición.
 
O proxecto de tradución a Galego de OpenSuse estaba abandonado desde 2001. Dende mediados de marzo de 2008 Leandro Regueiro e Manuel Vázquez coma coordinadores, están retomando a tradución. Se queres colaborar escribe á lista de correo de Trasno ou ponte en contacto con eles.
 
http://news.opensuse.org/2008/12/18/opensuse-111-released/
http://en.opensuse.org/Testing:Features_11.1
http://news.opensuse.org/2008/12/18/sneak-peeks-at-opensuse-111-kde-in-opensuse-111/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal