A través dunha noticia na súa web, o proxecto Trasno ven de presentar o Trasno Translation Toolkit, ou como eles mesmos o traducen: Trebellos de Traducción de Trasno.
Este novo toolkit preséntase en formato ISO, dispoñible para ser executado como en modo vivo (live) o a través dunha máquina virtual. Trátase dun sistema GNU/Linux completo, baseado na súa distribución GALPON MiniNo Ártabros, adaptada especialmente para o seu uso nos obradoiros de tradución de software que con frecuencia soen realizar.

E por iso que esta imaxe inclúe unha chea de ferramentas e utilidades, todas elas libres, específicas para calquera traballo de tradución. Na nova orixinal pódese atopar o listado completo de aplicacións que veñen por defecto.
Segundo comentan, un dos aspectos nos que se prestou especial atención foi no do consumo de memoria RAM, xa que resultaba un aspecto chave ao estar pensada para a súa execución en modo vivo.
A primeira versión, aínda en modo beta, pódese descargar dende este enlace. Desde Trasno animan a probala e enviarlles suxestións para mellorala.
