Mancomún

O repositorio de software libre da Xunta asóciase á forxa do Centro de Transferencia de Tecnoloxía estatal para favorecer a reutilización de solucións

Luns, 14 Abril 2014
  • O Repositorio do Centro de Transferencia de Tecnoloxía é o directorio estatal de aplicacións reutilizables desenvolvidas polas Administracións Públicas do Estado e rexistra actualmente máis de 1.000 solucións.
  • O repositorio de Software Libre da Xunta, aloxado na Forxa de mancomun.org, ofrece 7 solucións reutilizables desenvolvidas pola Administración autonómica, que dende hoxe serán accesibles tamén desde o repositorio estatal.

O repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, albergado na Forxa de Mancomún, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de incorporarse ao repositorio do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT) como forxa asociada. Esta actuación permitirá que as 7 solucións reutilizables liberadas pola Xunta de Galicia desde o ano 2011 se unan ao catálogo de solucións técnicas do Estado e poidan ser así máis facilmente localizables por todas as administracións estatais.

O repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia aloxa os proxectos desenvolvidos pola Administración pública galega que foron liberados para a súa reutilización como software libre por parte da cidadanía, empresas ou outras administracións públicas. Este repositorio estaba xa asociado ao Repositorio Europeo de Software Libre para as administracións públicas, co obxectivo de facilitar a localización de ditas solucións por todas as administracións europeas. Nun paso máis alá para maximizar a visibilidade e posible reutilización das solucións liberadas, a Amtega finalizou as xestións necesarias para asocialo ao CTT.
O Repositorio do CTT é o directorio estatal de aplicacións reutilizables que o estado pon a disposición de todas as administracións para facilitar que estas poidan, en cumprimento co Real Decreto 4/2010 que regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica, avaliar a existencia de posibles solucións reutilizables para o desenvolvemento de novos sistemas ou servizos.

A Forxa de Mancomún

A forxa Mancomún naceu no ano 2007 como unha iniciativa que permite pór a disposición de entidades públicas, empresas e particulares un contorno colaborativo de desenvolvemento de proxectos de software en galego. A forxa está aberta para o desenvolvemento de proxectos de Software Libre, non só por parte da administración pública, senón por calquera outro actor. Actualmente a plataforma conta con case 500 usuarios rexistrados e máis de 250 proxectos, entre os que destacan os proxectos que se impulsaron desde a propia administración, como son:

Fonte: AMTEGA

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal