Mancomún

O sábado 29 de setembro terá lugar a Amigus Lab Maker 18.5

Mércores, 26 Setembro 2018

O evento Amigus Lab Maker 18.4 que terá lugar o sábado 29 de setembro no Lar de Endesa de As Pontes, está organizado pola asociación Amigus e conta coa colaboración do Concello de As Pontes de García Rodriguez e diversas empresas da vila.

Esta sesión forma parte da serie de eventos chamada Amigus Lab, que vai pola quinta xornada deste ano, mediante a que se pretende involucrar á cidadanía na creación dixital, arte, tecnoloxía e o mundo “maker” facéndoa partícipe de obradoiros, sesións de traballo…

Dentro desta xornada do evento hai diversas actividades, varias destas están relacionadas co software e hardware libre, como poder ser o obradoiro de construción de prototipos con Arduino, dentro dos Amigus Labs Kids, ademais de haber xente traballando nos seus proxectos como poden ser os robots velocistas, as impresoras 3D, o barco solar…

Tanto para inscribirse ao evento como para ter maior información sobre este, pode consultarse a páxina do mesmo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal