10:30 h. Recepción de persoas convidadas
11:00 h. Inauguración do acto da man da directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela.
11:15 h. Relatorio “Software Libre na Administración pública: o caso de Brasil”. Claudio Filho, responsábel do BrOffice e migración masiva de escritorios en Brasil.
12:00 h. Intervención do Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.
12:30 h. Pausa café.
13:00 h. “Mesa redonda”. Posta en común coa comunidade galega do software libre, moderada polo coordenador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Xesús M. Benítez Baleato e coa participación de:
Denís Fernández, presidente da asociación de software libre máis antiga de ámbito nacional, GLUG.
Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre de Galicia (AGASOL).
Enrique Estévez, responsabel da Oficina de Software Libre da USC.
Felipe Xil, coordenador do grupo voluntario de tradución de Ubuntu ao galego.
Por dispoñer dun aforo limitado a asistencia ao acto require de inscrición previa, a cal deberá realizarse necesariamente antes das 14 horas do mércores 10 no correo eventos@mancomun.org.
