Mancomún

O software de manipulación de imaxes Gimp da o primeiro paso para a nova versión 3

Mércores, 18 Novembro 2020

O programa de manipulación de imaxes por excelencia do mundo libre, Gimp ven de liberar a versión 2.99.2 a cal senta as bases para Gimp 3.

Algunhas das novidades máis destacadas son o uso das bibliotecas GTK3 que permite o soporte nativo de Wayland, selección multicapa, nova API de extensións que ademais agora vai ser posible desenvolvelos tamén nas linguaxes Python 3, JavaScript, Lua e Vala ademais de en C/C++.

Máis información.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal