Mancomún

O Software Libre achégase ás persoas con diversidade funcional

Mércores, 26 Marzo 2008

EquipateA Fundación Cibervoluntarios (cibervoluntarios.org) e mais a Fundación Bip Bip (www.fundacionbip-bip.org) achegaranlles as tecnoloxías ós discapacitados a través da iniciativa Equíp@te, que cede equipos informáticos, e á que pode acceder calquera persoa con discapacidade física superior ó 45% e mobilidade reducida. O prazo de presentación de solicitudes para optar á convocatoria finalizará o próximo 15 de abril.

O programa comeza coa captación dos excedentes de equipos informáticos que xeran as empresas. A estes equipos, Pentium III ou superiores, realízaselles unha exhaustiva revisión de hardware e software legal doado por Microsoft (programa Refurbishing), Sun Microsystems (programa Ofimática Solidaria) ou Software Libre segundo a solicitude das propias persoas beneficiarias, para que queden listos para navegar por internet. Estes equipos serán cedidos de balde ás persoas con discapacidade física e mobilidade.

 

Segundo explicaron estas entidades nun comunicado, Equíp@te é unha convocatoria de cesión de equipos informáticos da Fundación Bip Bip co apoio da Dirección Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que ten como finalidade potenciar as novas tecnoloxías dentro do colectivo das persoas con discapacidade dentro do seu domicilio.

Fonte: Elcorreogallego  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal