As charlas coordinadas por Compostela Wireless foron a Presentación de Mancomun.org a cargo do seu coordinador Jesús Arribi, A internet social, con Daniel Ballobre de Compostela Wireless e Berto Yañez coordinador de Chuza!, Que temos de novo en GNOME e KDE, con Chema Casanova de GPUL e José Millán e Introdución á programación de GNOME, a cargo de Carlos García Campos.
Os obradoiros abertos de 24 horas consistiron nunha install party permanente, nun obradoiro de instalación de servidores de rede local, outro de creación de routers co, citamos textualmente a web de Compostela Wireless, antigo Pentium de papá e un derradeiro sobre GNU/Linux coma mediacenter. A documentación xerada recompilarase nunha web.
