O curso será impartido polo profesor Manuel Morán entre o 13 de xaneiro e o 03 de febreiro no IES Francisco Sánchez en Tui. Entre os contidos abordaranse estratexias para a migración a software libre do parque informático dun centro educativo e se informará sobre sistemas e aplicacións multiplataforma que propicien o coñecemento das tendencias de innovación e dos últimos desenvolvementos.
O programa terá unha duración de 20 horas, ás que poderán acceder até un total de 20 profesores de bacharelato, educación secundaria obrigatoria e módulos profesionais. O prazo de inscrición permanece aberto até o vindeiro día 15 de decembro a través do Sistema de xestión de profesorado fprof.
Este mesmo programa formativo será reproducido coas mesmas características na cidade de Santiago no terceiro trimestre do curso académico 2008/2009. Para esta edición a inscrición prorrogarase até o 21 de marzo.
