Mancomún

O tribunal electoral de Brasil migra 430.000 terminais a GNU/Linux

Mércores, 9 Abril 2008
O tribunal electoral de Brasil anunciou a migración de 430.000 terminais de votación electrónica a GNU/Linux e aplicacións abertas.

As máquinas migrarán desde Microsoft Windows CE e VirtuOS a GNU/Linux, segundo citan co obxectivo de “cumprir os requisitos legais de seguridade e permitir auditorías”, ademais da redución do custo das licenzas. Expertos dos partidos políticos terán acceso ao software desde os meses de abril a setembro na procura de fallos e propostas de mellora.

O software executado será asinado dixitalmente para evitar modificacións e será verificable polos inspectores nos lugares de votación para detectar manipulacións. As máquinas serán auditadas polo tribunal electoral, partidos políticos e auditores externos.

Fonte: Theinquirer.es
           Techforce.com.br

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal