Mancomún

O uso de Firefox continúa en aumento

Martes, 4 Novembro 2008

O navegador libre de Mozilla continua aumentando a súa cota de mercado acadando, no pasado mes de outubro, unha media de case un 20% por primeira vez na súa historia. 

Cota de mercado dos navegadores

Xa dende xullo houbo días nos que se superou este valor do 20%, mais esta tendencia foise consolidando durante o verán conseguindo agora unha valor medio mensual de 19,97%.

Mentres tanto, Internet Explorer (IE) aínda que segue a ser o líder indiscutible do mercado dos navegadores, continúa perdendo cota de mercado, acumulando, no que vai de ano, unha baixada de 4,2 puntos.
 
No que respecta aos sistemas operativos, sempre segundo as estatísticas proporcionadas por Market Share – Net applications, Windows segue a manter a súa cota predominante, mentres que Linux baixa do 0.91% ao 0.71% no último mes.
 
Fonte: The Inquirer
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal