Mancomún

O xestor de contidos XOOPS xa dispoñíbel en galego

Mércores, 7 Xaneiro 2009
XoopsO xestor de contidos XOOPS xa  está dispoñíbel en galego. Así o anunciaron recentemente na web da Ciberirmandade da Fala, onde informan da tradución realizada por Eduar Gaza e accesíbel a través de Sourceforge.net.

XOOPS é un sistema de administración de contidos (CMS) libre, flexible e doado de usar. Está lanzado baixo os termos da licenza GNU (GPL) e concibido usando a linguaxe de programación PHP. Este xestor permiítelle ás persoas administradoras manexar sitios web dinámicos, construír comunidades en liña, modificar a estrutura do web e prover de contido a través dunha interface sinxela. En definitiva, representa unha solución ideal para quen non queira depender de terceiros para a implantación e para a administración dun portal propio.

Fonte: Ciberirmandade da Fala

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal