Como xa informamos no seu momento, este xoves día 15 ás 11:00 dará comezo a primeira das dúas sesións teóricas do II Fiadeiro de localización de software libre, para o que aínda é posible matricularse ata mañá día 14 de abril.
Durante as 7 horas de formación teórica, repartidas entre o xoves 15 de abril e o xoves 22 de abril, explicaranse as bases técnicas e prácticas para abordar proxectos de tradución de software libre ao galego. E xa o venres 30 de abril desenvolverase a xornada práctica de localización na que por parellas traballarase na tradución real de aplicativos libres.
Os temas que se tratarán na teoría serán:
15 de abril (1ª sesión)
- 10:00 Introdución á localización. Que preciso saber – Onde busco os aplicativos – Como se realiza o proceso de localización – Os formatos máis empregados – Que ferramentas podo empregar – Como probo unha tradución.
- 11:00 Recursos para a localización. Guía de localización – Terminoloxía e glosarios – Memorias de tradución – Correctores ortográficos e gramaticais – Referencias de consulta e Google para traducir – Aplicativos especializados de tradución.
- 12:00-14:30 Sesión práctica (GTranslator). Instalación e configuración – Como crear un proxecto de tradución – O manexo do aplicativo – As miñas primeiras traducións – Resolución de dúbidas
22 de abril (2ª sesión)
- 10:00 O transfondo da localizacion. Que é a internacionalización – Unha ollada aos diferentes formatos – Conversión entre formatos – (TMX* e TBX*) Os estándares Lisa – Aspectos relevantes
- 11:00 As comunidades de localización. As diferentes comunidades – Como relacionarse cunha comunidade – Os procesos de tradución – Roles, titorización – Participa da comunidade
- 12:00-14:30 Sesión práctica (OmegaT). Instalación e configuración – Como crear un proxecto de tradución – O manexo do aplicativo – Entender OmegaT – Resolución de dúbidas.
E o vindeiro venres 30 de abril, os asistentes distribuiranse por parellas e cun ordenador por parella coas ferramentas necesarias e conexión a Internet, ademais da axuda do profesorado para a resolución de dúbidas durante toda a xornada, enfrontaranse á tradución dun aplicativo ou dun conxunto de cadeas de entre os seguintes:
- Gnac – A multimedia converter for the GNOME Desktop
- Gyrus – IMAP/Cyrus administrator
- Nemiver – A GNOME C/C++ Debugger
- Niepce – Niepce Digital is an application for digital photographers.
- Pybliographer – A tool for managing bibliographic databases
- Pyrenamer – mass file renamer written in PyGTK
- Pino – cliente twitter integrado en GNOME
- Epidermis – theme manager
- GNOME Split – File splitter for GNOME desktop
- Pureadmin – Administration Utility for PureFTPd
- Deja-dup – Backup utility
- Entertainer – Media center
- Goobox – CD player and ripper with GNOME 2 integration
- Longomatch – video analysis tool for coaches
- Firestarter
- Liferea – feed aggregator for GNOME
Dado que se trata dunha actividade continuada desde as 10 ata as 18 horas, haberá petiscos, bebidas e música para facer descansos a media mañá e a media tarde. Haberá tamén un lixeiro xantar común ofrecido pola organización.
Animámosvos a todos a matricularvos neste divertido e interesante curso, no que ademais de aprender dun xeito ameno e práctico, poderedes recibir un diploma de asistencia ou o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración. Finalmente optaredes tamén ao premio «Máis e mellor» para aquel equipo que sexa quen de traducir máis cantidade de cadeas e coa maior calidade, cunha pequena dotación económica.
Fonte: ETSE Open
