Mancomún

Obradoiro de Bash scripting

Mércores, 3 Setembro 2014

Despois do verán, GALPon retoma o seu ciclo de Sábados Libres na Altamar, esta vez cun curso de Bash scripting, que terá lugar o vindeiro 27 de setembro.

Cun contido maiormente práctico, este obradoiro centrarase na realización de interfaces gráficas con Zenity, Yad e KDE Dialogs. Verase tamén como levar a cabo o proceso de internacionalización(i18n) para facer que os scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas.
Horario e contidos

O formato do obradoiro será de dobre sesión, maña e tarde, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30.

O programa previsto será o seguinte:

  • Creación de interfaces gráficas
    • Creación dunha mensaxe | Aviso | información, en forma de xanela.
    • Creación dunha xanela de entrada de datos por teclado
    • Creación dunha xanela de selección:
      • Lista
      • Radius
      • Combobox
    • Creación dunha xanela con múltiplas opcións de entrada
  • Internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes
    • Método mínimo para poucas cadeas mediante emprego dun case.
    • Aplicación dun procedemento estándar (xeración dun ficheiro patrón de traducións .pot) empregando gettext.

Para asistir é preciso realizar a inscrición a través deste formulario. Para máis información pódese consultar a páxina do evento no G+.

Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal