Mancomún

Obradoiro de construción dunha impresora 3D

Martes, 13 Setembro 2016

A asociación xeoPesca realizará un obradoiro de montaxe dunha impresora 3D o vindeiro domingo 25 de Setembro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela).Cartel obradoiro impresora 3D

O obradoiro consisitirá en construir unha impresora DELTA, exactamente a Kossel que ten lincenza GPL, da que se pode consultar mais información no seu repositorio.

A inscrición no obradoiro, no que tamén colabora Recuncho Maker, é de balde e pode realizarse a través deste formulario.

O programa do obradoiro é o seguinte:

  • Introducción ao hardware libre
  • Esquema dos elementos que compón unha impresora 3D
  • Firmware da impresora
  • Electrónica da impresora e os seus axustes
  • Como montar a súa estructura
  • Que é o extrusor? Como se axusta?
  • Os fins de carro
  • Últimos axustes da impresora 3D

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación xeoPesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal