Mancomún

Obradoiro de desenvolvemento de aplicacións en Android

Luns, 19 Outubro 2015

Mañá 20 de outubro de 16:00 a 20:00 horas celébrase na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís, un obradoiro de desenvolvemento de aplicacións Android organizado polo Centro Demostrador TIC.

Banner do obradoiro de android

O curso vai dirixido a profesionais TIC con coñecementos de programación, preferiblemente Java, aínda que ao ser unha introdución a Android calquera persoa pode asistir.

O curso correrá a cargo dos docentes Rafael Gonzáles Centeno e Óscar López, colaboradores da compañía Alén Multimedia, S.L.L., empresa dedicada ao desenvolvemento e implantación de servizos de comunicación multimedia, que abarca un extenso abanico de campos: web, multimedia, deseño, solucións publicitarias, formación, hosting etc.
Nesta sesión de introdución á programación para Android tratarase a arquitectura e os principais compoñentes, co fin de dar unha visión global para facilitar os primeiros pasos nesta plataforma.

O programa deste obradoiro de introdución é o seguinte:

  • Introdución
    • Estrutura dun proxecto en Android
  • Compoñentes
    • Activity, View, Service, Content Provider, Broadcast Receiver, Widget, Intent, Layouts
  • Interface
    • Botóns, eventos de botón, Checkboxes e RadioButtons
  • Configuración dun AVD (Android Virtual Device ou Simulador)
  • Configuración dun proxecto en Android e Hola Mundo
  • Tipos de mensaxes en Android
    • Mensaxes Toast
    • Mensaxes de alerta
  • Utilización do LogCat (imprimir mensaxes de depuración por consola)
  • Creación de actividades
    • Creación de Activitys
    • Ciclo da vida das actividades
  • Traballar con vistas
    • Disposición dos elementos na pantalla
  • Barra de accións (ActionBar)
    • Engadir ActionBar na aplicación
  • Efectos sonoros e música de fondo
  • Creación dunha pequena aplicación de proba na que deseñaremos as nosas propias vistas e utilizaremos os conceptos vistos ata agora

Os interesados poden acceder ao espazo usuario do CDTIC para se inscribir nesta acción formativa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal