O vindeiro sábado 2 de Setembro, a asociación Xeopesca, imparte no Centro Sociocultural de Caramoniña un obradoiro de iniciación a edición fotográfica. O horario do curso será de 10:30 a 13:30. O obradoiro é de balde pero é preciso inscribirse a través desta ligazón.
Que é necesario para participar no obradoiro?
- Traer o teu portatil co seu cargador .
- Inscribirte no obradoiro.
- Instalar a última versión de GIMP.
- Tamén podes traer calquera trebello que teñas para sacar fotografías, por se queres resolver dubidas ou compartir o teu coñecementos cos demáis.
Que aprenderás no obradoiro?
- Manexarte con diferentes capas e as ferramentas que nos proporciona o GIMP.
- Aplicar correctamente ferramentas como filtros, balances de cor, brillo e contraste, tono e saturación.
- Escalado e exportación de imaxes.
- Publicación de fotografías con licenzas libres.
Este obradoiro conta coa colaboración do Recuncho Maker que cedeu o espazo do Centro Socio Cultural de Caramoniña para a súa realización.
Esta actividade forma parte das que a Asociación Xeopesca realiza no marco do Convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a difusión do software libre e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.
