Mancomún

Obradoiro de Iniciación á programación robótica

Luns, 9 Novembro 2020

O 11 de novembro ás 18:30, na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, terá lugar o obradoiro de “Iniciación á programación robótica – Proxecto de reciclaxe” con VermisLab no que as nenas e nenos integrarán a robótica no pensamento sustentable.

Os participantes no obradoiro programarán robots capaces de facer unha reciclaxe selectiva para axudar a manter limpo o medio ambiente.

Dirixido a nenas e nenos de 8 a 14 anos. O número máximo de participantes é de 12.

O obradoiro terá lugar no salón de actos. A entrada é libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal