Como vos informábamos hai uns días, GALPon organiza para o próximo mes de maio dous obradoiros no seu ciclo de Sábados Libres na Altamar. O primeiro deles, de carácter excepcional, para sábado 17 de Maio, do que vos demos cumprida información o pasado martes.
O segundo obradoiro que veñen de confirmar é de “Programación orientada a obxectos con Python e Vala”.
Así o vindeiro sábado 31 de maio, da man de Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos libres, celebrarase un obradoiro de introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos coas linguaxes de programación Python e Vala.
O programa do obradoiro será:
- Introdución
- Que NON é a POO?
- Que é a POO? Encapsulación, herdanza e polimorfismo
- Clases e obxectos
- Encapsulación
- Propiedades
- Métodos
- Getters e setters
- Métodos e propiedades estáticos
- Clases e obxectos en Python y Vala
- Definición dunha clase en Vala
- Definición dunha clase en Python
- Instanciar un obxecto en Vala
- Instanciar un obxecto en Python
- Acceso a métodos en Vala
- Acceso a métodos en Python
- Herdanza
- Necesidade e importancia da herdanza
- Herdanza en Vala
- Herdanza en Python
- Polimorfismo
- Necesidade e importancia do polimorfismo
- Métodos virtuais en Vala
- Interfaces en Vala
- Duck Typing en python
Na mesma dinámica de sempre, a asistencia ao obradoiro é totalmente gratuíta, mais ao contar con prazas limitadas pola complexidade e polo aforo limitado, concretamente 24 prazas, é obrigatorio cubrir o formulario de inscrición.
Podedes consultar máis detalle no wiki de actividades de GALPon ou a través do evento en Google+.
Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
