Visto na páxina de GALPon :
“Na Universidade de Vigo vai realizarse un curso/obradoiro de Iniciación ao Software Libre: Ferramentas de Software Libre para a computadora”
O curso terá lugar na Aula Informática 5 do edificio novo da E.T.S.E. Telecomunicacións (Universidade de Vigo). Terá unha duración de 30 horas, repartidas en 3 horas por día (das 16:00 ás 19:00), 2 días á semana (martes e mércores): 28 e 29 de outubro, o 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de novembro e máis o 2 de decembro.
O curso será convalidable por dous créditos de libre elección. O temario do curso pode verse na páxina de GALPon no seguinte enderezo: Temario_desglosado…
Fonte:
http://www.galpon.org
